viernes, 15 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días familias! 

Este vindeiro domingo 17 de maio, como ben sabedes, estamos de festa na nosa Comunidade pola celebración do Día das Letras Galegas. Esta data de celebración non foi elixida ao azar, senón que é unha homenaxe á publicación do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro en 1863, a cal marca o inicio do “Rexurdimento”, é dicir, o renacemento cultural galego.

Este ano o autor homenaxeado é o escritor Ricardo Carvalho Calero. Este foi un filólogo e escritor, licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi tamén membro numerario da Real Academia Galega e o primeiro Catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago. 


Para coñecelo un pouquiño máis invitámosvos a ler este libro dos Bolechas, ao que podedes acceder no seguinte enlace. Para velo non esquezades pinchar en ver libro.
Tamén vos facilitamos un vídeo do conto, "As Pitas baixo a Choiva" escrito polo homenaxeado. 

Desexamos que vos gusten os libros e que pasedes un feliz Día das Letras Galegas! Mandámosvos unha forte aperta!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA!! Buenos días familias, os dejamos por aquí las cartas de despedida de cada uno de los tutores de educación infantil. Gracias p...